Oferta de emprego: 4 peóns forestais

23-04-2019

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha axuda para a contratación de 4 PEÓNS FORESTAIS, para o mantemento de zonas naturais, a xornada completa e durante 9 meses, para empezar a máis tardar o 15 de maio de 2019, ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) para o ano 2019.
  
Para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no servizo público de emprego (oficina de Viveiro), tanto no momento da selección como no da contratación.

No seguinte enlace poden consultar as bases de selección: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

 

Compartir: